Ir o contido principal

Sesión de presentación das II Xornadas sobre saídas laborais para graduados en Dereito

O vindeiro mes de marzo desenvolveranse na USC as II Xornadas sobre saídas laborais para graduados en Dereito, con charlas sobre as posibilidades no ámbito internacional, as oposicións a distintos corpos estatais e autonómicos ou as oportunidades no eido privado. Como novidade, este ano incorpóranse tamén presentacións dos másters oficiais impartidos na Facultade.

Para presentar todos os detalles do encontro e animar á participación do alumnado, os organizadores convocan a unha presentación este venres 17 ás 12.00 horas na Sala de Xuntas do centro. Interveñen o decano da facultade, Gumersindo Guinarte Cabada, e a Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2017.