Un total de sete cursos do Espazo de Fotografía manteñen prazas dispoñibles no segundo semestre

O Espazo de Fotografía dispón de prazas dispoñibles en diversos cursos da súa programación de actividades para este segundo semestre. O alumnado de grao da USC que realicen varios destes cursos cumprindo debidamente coa asistencia (80% das horas lectivas), poderán validar a súa asistencia con un crédito ECTS por cada 25 horas cursadas. Concretamente existen prazas dispoñibles no horario de mañá do curso sobre ‘Técnica avanzada e autores relevantes’, que se celebrará ao longo de marzo; no de carácter monográfico sobre procesado dixital, para o mes de abril; e tamén no monográfico sobre iluminación, con especial atención a cuestións sobre o tratamento da luz natural e uso de flash, entre os meses de abril e maio, neste último tamén na edición de tarde. Ademais, é posible formalizar a inscrición no dedicado á creatividade nos proxectos fotográficos, estando previsto que se desenvolva entre finais de abril e comezos de maio; no monográfico sobre Street Photography, en cinco sesións do mes de maio; e no de ‘Teoría fotográfica: crítica, teóricos da fotografía, edición, a fotografía como arte e tendencias contemporáneas’, todos eles previstos para o horario de tarde.