Sete decanos da Facultade de Medicina abordan nunha xuntanza o presente e o futuro da titulación compostelá
A Facultade compostelá de Medicina celebra estes días a Semana de San Lucas, patrón do centro, unha celebración que comezou este xoves cunha xuntanza dos sete decanos vivos da Facultade, Peña Guitian, Potel Lesquereux, Otero Costas, Jorge Barreiro, Andrés Beiras, Fraga Bermúdez e o actual Gestal Otero.
Os profesores fixeron un repaso da situación actual da Facultade e se lles informou do Convenio para a colaboración na docencia Clínica do Grao de Medicina, recentemente asinado polos tres reitores e os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Sanidade. Analizaron tamén o plan de necesidades da nova Facultade de Medicina que se pretende construír á beira do Hospital clínico.
A xornada rematou cun acto multitudinario de presentación do libro El ataud vacante, de Marcelino Salgueiro, obra que o ex decano Otero Costas como “unha novela poliédrica, que se corresponde coa personalidade do autor, de intriga, policíaca ou quizás negra, sen deixar de ser costumista ou de posguerra, pero en calquera caso unha novela de humor que a inscribir na literatura galega”. Destacou da personalidade do autor, medico rural, forense, médico de hospital, especialista en aparato respiratorio, unha longa traxectoria como escritor, xa que foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1995 coa novela O escrutador.
O próximo luns 19 celebrase o Día do Patrón cunha xornada de portas abertas da Facultade e co acto académico dedicado este ano a lembrar a Eugenio Montero Ríos con motivo de cumprirse cen anos do seu pasamento.