Ir o contido principal

O simposio ‘Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento Rural’ bota a andar este venres na Escola Politécnica Superior

O I Simposio Ibérico ‘Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento Rural’ botará a andar este venres, día 12 de decembro, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, onde se desenvolverán todas as sesións organizadas ao abeiro deste foro de encontro, debate e posta en común de experiencias de vangarda en materia de municipalismo, desenvolvemento rural e transición agroecolóxica, promovido pola USC en colaboración coa Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) e a Rede de Municipios Terrae.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá a apertura deste foro, a partir das 9.15 horas, no marco dun acto institucional no que tamén está prevista a participación do presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; a presidenta da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), María Dolores Raigón; a directora do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), Elvira López Mosquera, o director da Escola Politécnica Superior (EPS), Tomás Cuesta García, e unha representación da Rede de municipios Terrae.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.12.2014.