Ir o contido principal

Sinatura do acordo marco do Estalmat entre a USC e a Deputación de Lugo

O reitor da USC, Juan Viaño Rey, e o deputado delegado da área de Cultura, Turismo da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro, asinarán o luns 23 de febreiro, a partir das 12.00 horas, o acordo marco para o financiamento do programa Estímulo do Talento Matemático (Estalmat), un proxecto orientado a fomentar o talento matemático entre escolares de ensino secundario que lidera a USC en Galicia.

O acto de sinatura deste acordo marco entre USC e Deputación de Lugo desenvolverase na sala de xuntas da Deputación Provincial de Lugo, no marco dunha sesión na que tamén estará presente o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2015.