Ir o contido principal

Sinatura dun contrato para a cesión da Fonoteca de Radio Galicia á USC por un período de dez anos

A cesión en comodato da fonoteca de Radio Galicia á Universidade de Santiago por un período de dez ano prorrogables quedará regulado por un contrato de cesión que asinarán este martes 15 o reitor Juan Viaño e Jordi Jordá i Casademont e Mª Teresa Lago Faraldo, en representación da Sociedad Española de Radiofusión (SER). O acto protocolario de sinatura deste acordo celebrarase ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

A Fonoteca de Radio Galicia intégrana 500 exemplares cun valor aproximado de seis mil euros, aos que a USC aplicará un proceso de catalogación e dixitalización para a súa posterior incorporación á plataforma do proxecto Meiga. A USC disporá de copia deste fondos dixitalizados para a súa consulta por parte de persoal investigador e estudantado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2015.