Ir o contido principal

Sinatura dun convenio de colaboración para implantar en Santiago un programa experimental de mediación no ámbito penal

Estará impulsado pola USC, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio Fiscal e a Xunta de Galicia

A USC, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio Fiscal e a Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza porán en marcha un programa experimental de mediación no ámbito penal en Santiago.

Para o desenvolvemento deste programa o reitor da USC, Juan Viaño; o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda; o fiscal superior de Galicia, Fernando Suances; e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en representación do CGPJ, Miguel Cadenas, asinarán un convenio este venres 27 ás 10.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Acudirá tamén a profesora Raquel Castillejo, directora do Centro Integral de Análise e Resolución de Conflitos da USC (CIARCUS), encargado de coordinar o proceso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.11.2015.