Ir o contido principal

Sinatura dun convenio de colaboración entre a USC e Renfe

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o xerente da Área de Negocio Norte da dirección xeral de Servizos de Transporte de Alta Velocidade-Longa Distancia de Renfe, Ángel Lorrio Alonso, asinarán este martes, día 25, un convenio de colaboración. A sinatura desenvolverase a partir das 13:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
O presente convenio ten por obxecto a difusión por parte da USC do produto Inter Rail dirixida a toda a comunidade universitaria, así como da existencia de cédulas de asistencia a congresos e dos produtos nacionais e internacionais de Renfe e a redución de tarifas para potenciar programas e paquetes turísticos que teñan como destino o ámbito da Universidade compostelá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2007.