Ir o contido principal

Sinatura de convenio coa Deputación de Ourense para facilitar a participación do CHUO na docencia clínica de Medicina

A Deputación ourensá colaborará coa Universidade de Santiago para facilitar a participación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) na docencia clínica do sexto curso do Grao de Medicina.

Esta colaboración regúlase no convenio que este xoves 17 asinarán o reitor Juan Viaño e o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.03.2016.