Sinatura de convenio para realizar un estudo sobre os programas de educación non formal e a empregabilidade da xuventude en Galicia
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, e a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, asinarán este venres 17, ás 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, un convenio de colaboración para a realización do estudo ‘Os programas de educación non formal e a empregabilidade da xuventude en Galicia’. En concreto, o estudo que realizará o grupo de investigación Esculca da USC centrarase nos programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ‘Iniciativa Xove’, ‘Voluntariado Xuvenil’ e ‘Galeuropa.