Ir o contido principal

O SITGA presenta na EPS a nova publicación 'Indicadores do uso do solo'

O Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA) presentará este martes 6 a publicación ‘Indicadores do uso do solo’ elaborado por este equipo da Escola Politécnica Superior de Lugo.
No acto de presentación estarán por parte do SITGA, Marcial Díaz Manso, responsable da área de Aplicación Xeográficas; o director xeral de Investigación, Transferencia de Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consellaría de Medio Rural, Gonzalo Flores Calvete; o xerente da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza, dependente da mesma Consellaría, Emilio Martínez Rivas, e o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema.
A presentación pública terá lugar ás 12:00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior, situada no pavillón central da Escola Politécnica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2008.