Ir o contido principal

A situación actual e o futuro da profesión da enxeñaría de montes, a debate este luns na Escola Politécnica Superior

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC acollerá este luns, día 9 de novembro, a partir das 12.00 horas, unha mesa de debate sobre a situación actual e o futuro da profesión da enxeñaría de montes.

O decano do Colexio de Enxeñeiros de Montes de Galicia, Juan Picos Martín; o director de planificación forestal da empresa Ence, Alejandro Oliveros García; o xerente de Tragsatec Unidade Territorial Noroeste, Fernando Ron Currás, e o técnico do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural en Lugo, Santiago Fraga Sáenz, conforman a quenda de relatores que intervirán nesta sesión de coloquio e debate, que se desenvolverá na sala de xuntas da EPS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2015.