Ir o contido principal

SMS a cambio de axuda para as vítimas do conflito en Siria

SMS a cambio de axuda para as vítimas do conflito en Siria
SMS a cambio de axuda para as vítimas do conflito en Siria

A Asociación de Estudantes da Facultade de Medicina ME.I.GA (Medicina Intercambios Galicia) desenvolve xunto con Médicos sen Fronteiras unha campaña coa intención de conseguir donativos que se destinarán a paliar os efectos de situacións de emerxencia, como a que se vive en Siria. Coa denominación de ‘Ser humanos salva vidas’, a campaña consiste no envío dunha mensaxe SMS cuxo custe (1,20€) reverterá en axuda para as vítimas do conflito sirio. Creouse unha palabra clave específica para os estudantes de Medicina de Santiago co obxecto de coñecer o volume de participación da Facultade compostelá, que quedará rexistrado nun contador de SMS’s colocado no blog da Asociación. Concretamente, o alumnado interesado en participar desta iniciativa debe enviar a palabra MEIGA ao número 28033. Segundo os datos dos promotores desta campaña, con 500 SMS sería posible ofrecer tratamento a 500 nenos/as afectados de pneumonía. Máis información no blog da asociación ME.I.GA http://meigauscsantiago.blogspot.com.es/.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2014.