Ir o contido principal

A Sociedade Española de Cirurxía Bucal destaca un traballo de investigadores da USC

Un traballo de investigadores da USC acaba de ser designado pola comisión científica da Sociedade Española de Cirurxía Bucal como o mellor artigo de investigación sobre Cirurxía Bucal en revistas de impacto estranxeiras. O traballo leva por título ‘Neurological adverse events related to lip biopsy in patients suspicious for Sjögren's síndrome: a systematic review and prevalence meta-analysis’ e forma parte da tese de doutoramento de Mariña Sánchez Sánchez defendida o pasado xuño. No grupo que asina este artigo atópanse, ademais da doutora Sánchez, os investigadores do departamento de Estomatoloxía Juan Seoane, Juan M. Soeane-Romero e Pablo Varela Centelles, así como Bahi Takkouche, do departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, e Julián Costa do Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2015.