A Sociedade Española de Odontoloxía Conservadora celebra en Santiago os seus congresos anuais
A Sociedade Española de Odontoloxía Conservadora (SEOC) celebra esta semana en Santiago o seu XIX congreso nacional, que á vez supón a súa sexta edición internacional. O conclave reunirá no Auditorio de Galicia a especialistas de todo o mundo arredor dun programa científico que abrangue todos os campos da odontoloxía conservadora, combinando as cuestións clínicas coas últimas novidades tecnolóxicas e os avances na investigación experimental básica e a súa futura aplicación. A inauguración oficial será o venres 18 ás 9.00 horas e ala ela asiste o reitor Juan Casares Long e a presidenta do congreso e profesora da USC, Purificación Varela Patiño.