Socios e participantes no proyecto Susmilk visitan este venres a Escola Politécnica Superior e a APLTA do Campus Terra da USC

Os socios e participantes na conferencia final do poxecto ‘ Susmilk. Rediseño e solucións para a fabricación sustentable de lácteos’, visitarán este venres, a partir das 10.00 horas, o Campus Terra da USC, onde participarán nunha recepción institucional no salón de actos da Escola Politécnica Superior para logo completar unha visita ás instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) da USC. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e o director da Aplta, o tamén profesor da USC Enrique Arbones Maciñeiras, recibirán á delegación de socios e demais asistentes que participan desde hoxe na sede da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) na sesión de final deste proxecto do sétimo Programa Marco Europeo que conta cun financiamento de máis de dous millóns de euros. Os obxectivos do programa Susmilk, no que tamén colabora a Aplta da USC xunto con outros 20 socios de nove países europeos, céntranse no redeseño sustentable da insdustria leiteira, a partir da análise e a optimización de toda a cadea de produción de leite e derivados lácteos no referido ao consumo de auga e enerxía. No marco deste proxecto tamén se estuda a valorización máis eficiente dos compoñentes lácteos de subprodutos como soros, augas brancas e restos orgánicos resultantes dos procesos de limpeza. A presenza dos socios e axentes participantes no proxecto ‘Susmilk’ á sede universitaria luguesa é a da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias encádrase no marco das visitas técnicas a instalacións coas que se complementan as presentacións de pósters científicos e relatorios, e a través das que as persoas participantes poden coñecer diferentes solucións tecnolóxicas e tecnoloxías e desenvolvementos sustentables, ademais de establecer contactos para intercambiar ideas y debater solucións.