Solicítase colaboración para localizar o estudante Miguel González Cabaleiro

A Vicerreitoría de Estudantes da USC fai un chamamento á comunidade universitaria que poida achegar información sobre o paradoiro do estudante de Veterinaria da USC Miguel González Cabaleiro desaparecido hai uns días en Vigo. No momento da súa desaparición o venres 29 Miguel González vestía camiseta de manga curta branca, pantalón gris e zapatillas de deporte brancas. Mide aproximadamente 1,70. Para achegar información hai habilitados, ademais do 091, os teléfonos 649102858 e 650030879