Suspéndense temporalmente as eleccións ao Claustro, xuntas de centro e consellos de departamento
A Comisión Electoral Central acordou este venres a suspensión temporal das eleccións de representantes de alumnado no Claustro e nas xuntas de centro e da totalidade dos sectores nos Consellos de Departamento ata que se resolvan os recursos presentados contra a proclamación definitiva de candidaturas referidos a criterios de paridade.