Ir o contido principal

Suspéndese a actividade docente presencial

Imaxe de Fonseca
Imaxe de Fonseca
Publicada a nova resolución reitoral
Lugo, Santiago de Compostela

En vista da evolución da situación do COVID-19 (coronavirus) e seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia, os reitores das universidades galegas suspenden todas as actividades docentes presenciais dende o 13 de marzo, incluído

Todas as medidas concretas que se adopten e a información oficial de interese para a os colectivos que compoñen a comunidade da Universidade serán publicadas no sitio web habilitado a tal efecto. Deste xeito, vén de publicarse a resolución reitoral na que se adoptan medidas para a execución do acordo de suspensión de actividades da USC. 

Así mesmo, manterase activo, de xeito permanente, o enderezo de correo electrónico info.coronavirus [at] usc.gal (info[dot]coronavirus[at]usc[dot]gal) para aclarar calquera consulta ou dúbida da comunidade universitaria.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2020.