Ir o contido principal

Suspendido por un problema de saúde do relator o último curso do ciclo formativo Teateatre

O último curso da terceira edición do programa Teateatre, organizado conxuntamente pola Vicerreitoría de Cultura da USC, o Concello de Lugo, a Escola de Arte e Lecer de Fingoi e a Xunta de Galicia, foi suspendido esta mesma mañá, e de xeito imprevisto, a causa dunha enfermidade do relator.
As distintas accións formativas organizadas dentro deste ciclo, que se desenvolven durante os meses de verán na cidade de Lugo desde hai tres anos, están coordinadas por Palimoco Teatro coa colaboración de FEGATEA.
Esta actividade está a cargo de Suso Díaz, director de La Imagina Machina e actor do grupo Sarabela Teatro, que falará de traballos de improvisación. A intención da organización é celebrar esta convocatoria noutras datas próximas, que se comunicarán o antes posible.
Os interesados en informarse sobre o particular poden facelo chamando ao teléfono 982 285 900 coa extensión 21513, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2007.