Ir o contido principal

Suspendidos os concertos do ciclo 'Músicas a carón da Mosqueira' a causa do loito oficial polo falecemento do bispo de Lugo

A programación do Convenio Lugo Cultural prevista para esta semana foi anulada como mostra de respecto á memoria do bispo emérito de Lugo, José Gómez, falecido durante a noite do luns ao martes. O campus lugués súmase deste xeito aos tres días de loito oficial decretados polo Concello de Lugo con motivo deste óbito.
Deste xeito, os dous concertos de música clásica do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, dentro do Convenio Lugo Cultural, previstos para o mércores 9 e o xoves 10 na Fundación Caixa Galicia aprázanse ata o mes de febreiro. O de clave, a cargo de Cheng-I Chen Liu, será o día 13 do próximo mes, mentres que aínda non hai data fixada para o de Trío da Ponte.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.01.2008.