Ir o contido principal

Teatro da Falúa leva a escena este xoves 'Mort', unha comedia coral e aloucada

IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Teatro da Falúa, da USC, participa este xoves na IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia coa obra ‘Mort’, unha particular visión do mundo deseñado por Terry Pratchett, autor que encabeza ránkings de ventas xunto con J. K. Rowling, creadora de Harry Potter. A representación será ás 21:00 horas no Salón Teatro.
Nesta adaptación teatral de Stephen Briggs, a obra sitúase no Mundodisco, un mundo ridículo, esperpéntico e ilóxico, instalado enriba duna tartaruga que leva ás súas costas catro elefantes sobre os que xira. Este disco a modo de pizza deambula no universo recheo de elementos absurdos e surrealistas, estrañas cidades, raros oficios e estrambóticas persoas.
Entre elas, a Morte, unha muller “divina” que busca aprendiz para poder descansar un pouco e gozar da vida. O afortunado resulta ser Mort -un mozo inútil e aparvado que ninguén quere contratar- que discorrerá en escena ao lado da histérica filla adoptada da Morte, un pomposo mordomo, un monbus que taconea, unha feiticeira lesbiana bastante saída e tantos outros personaxes, non sempre humanos. Xúntanse así o fantástico do Mundodisco e a maxia do teatro nunha comedia coral e aloucada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2008.