Ir o contido principal

Teatro na rúa e Parkour para este xoves no centro de Lugo

Unha performance e unha clase de Parkour amenizarán o centro da cidade na tarde do xoves 26. No primeiro caso, a representación ‘Crebacabezas’, a cargo do grupo de teatro da Residencia Universitaria Bal e Gay, amenizará as rúas de Lugo co obxectivo de promover o XV Festival Internacional de Teatro Universitario da USC.
Deste xeito unha ducia de actores deste grupo, que leva dous anos en activo, amenizarán co seu espectáculo a Praza Maior desde as 20:00 horas e repartirán entre os peóns o programa do festival que se celebrará en Lugo ata o día 30.
‘Espazos’Por outra banda, os alumnos do primeiro curso de Parkour realizado en Lugo, enmarcado no Programa ‘Espazos 2008-2009’, porán en práctica todos os exercicios aprendidos durante a súa preparación.
Os alumnos comezarán o seu último adestramento o xoves a partir das 17:00 horas na Praza de Santo Domingo. Tamén farán un percorrido pola Praza do Ferrol.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.03.2009.