Ir o contido principal

Teatro solidario para a Fundación Andrea

Teatro solidario para a Fundación Andrea
Teatro solidario para a Fundación Andrea

Seguindo a tradición dos últimos anos, o grupo de teatro TRiSMuS de Medicina organiza este xoves 4 unha función solidaria en beneficio da Fundación Andrea de axuda a nenos e nenas con enfermidades crónicas, terminais e de longa duración.

Nesta ocasión representarán ás 20.30 horas no teatro Abanca (rúa Preguntoiro, 23) unha adaptación da obra ‘Historia de una escalera’ de Antonio Buero-Vallejo. A entrada é de 3 euros para estudantes e 5 para o público xeral e o recadado irá integramente á fundación. A venda dos billetes será o propio xoves de 17.00 a 20.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2017.