Ir o contido principal

Τέλος. Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas incorporouse ao índice ERIH Plus

está dispoñible no Portal Dixital de Revistas da USC
está dispoñible no Portal Dixital de Revistas da USC

Τέλος. Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas, publicación semestral da USC fundada en 1992, acaba de incorporarase ao prestixioso índice internacional ERIH Plus (European Reference Index for the Humanities and Social Sciences), promovido e xestionado por Norwegian Social Science Data Services (NSD), con sede na cidade norueguesa de Bergen.

O obxectivo principal de ERIH é mellorar a visibilidade global da investigación de alta calidade en Humanidades e Ciencias Sociais publicada en revistas académicas nas distintas linguas europeas en toda Europa. Tanto para o equipo redactor da revista como para o Servizo de Publicacións, a inclusión de ERIH Plus confirma a puxanza da edición dixital das publicacións periódicas académica co software de código aberto Open Journal System.

Juan Blanco, director do Servizo de Publicacións, considera que esta alternativa editorial instaurada na USC en 2012 está cada vez máis estandarizada en todo o mundo e “contribúe directamente ao posicionamento, impacto e recolección destas revistas especializadas por parte deste tipo de índices, estratéxicos na comunicación científica internacional”. O Servizo de Publicacións edita dixitalmente a revista en acceso aberto no Portal Dixital de Revistas da USC.

Ademais de Télos, as outras revistas dixitais da USC indexadas en ERIH Plus son Ágora. Papeles de Filosofía ; Dereito ; Estudos de Lingüistica Galega ; Obradoiro de Historia Moderna e Quintana .

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2016.