Ir o contido principal

A terceira edición da Carreira Virtual Solidaria de Alumni USC desenvolverase do 22 ao 23 de abril

Imaxe de arquivo da pista de atletismo da USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo da pista de atletismo da USC. FOTO: Santi Alvite
A carreira deberá ser de 5 km a correr ou camiñar no lugar e no momento que cada persoa prefira pero dentro da fin de semana establecida nas bases
Lugo, Santiago de Compostela

A fin de semana do 22 ao 23 de abril, Alumni USC porá en marcha a terceira edición da súa Carreira Virtual Solidaria, cuxas inscricións poden formalizarse ata o día 20 deste mes. Todo o diñeiro recadado mediante as inscricións será destinado a Cáritas Interparroquial de Santiago, causa que Alumni USC xa apoiou noutras iniciativas.

A carreira deberá ser de 5 km a correr ou camiñar no lugar e no momento que cada persoa prefira, dentro da fin de semana do 22 ao 23 de abril. Para poder completala será preciso descargarse unha aplicación que rexistre os pasos realizados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2023.