Ir o contido principal

A terceira promoción de Economía celebra a súa graduación este sábado

A terceira promoción de Economía celebra este sábado a súa graduación nun acto que presidirá o reitor da USC, Juan Casares Long, ás 16:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Na cerimonia intervirán a alumna da promoción Alejandra Suárez-Llanos Outeiriño; o profesor Luis Caramés Viéitez; o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Roberto Pereira; o vicedecano da Facultade, Alejandro Ballesteros Ron; e o presidente do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España, Valentí Pich Rosell, este último padriño da promoción.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2012.