Ir o contido principal

Unha tese estuda a problemática dos 'pure economic losses'

A problemática dos pure economic losses, o seu concepto, tipoloxía e resarcibilidade, centrándose na responsabilidade fronte a terceiros pola prestación de informacións neglixentes foi o tema da tese de doutoramento que acaba de defender Marta Otero Crespo. Recoñecida coa máxima cualificación, Sobresaliente cum laude, dirixiu a tese a catedrática Mª Paz García Rubio.
Nesta tese de doutoramento abórdase dende unha perspectiva comparada, dereito inglés versus dereito español, a responsabilidade na que poden incorrer os auditores de contas no seu labor de verificación e certificación da información económico-contable das empresas.
Ademais de na USC, boa parte do traballo de doutoramento se desenvolveu en diversos centros de investigación nacionais, como a Universidade Pompeu Frabra, o Observatory of European and Comparative Private Law da Universidade de Girona, a Universidade de Valladolid ou a Autónoma de Madrid. De igual xeito, a dimensión do Dereito comparado levouse a cabo tamén noutros centros de referencia internacional como o St. John’s College de Oxford ou o Swiss Institute of Comparative Law de Lausana.
A tese, titulada ‘Pure economic loss. La responsabilidad frente a terceros por informaciones negligentes. (Especial consideración de la responsabilidad del auditor)’, avaliouna un tribunal conformado pola maxistrada do Tribunal Supremo, a catedrática Encarnación Roca Trías; a catedrática da Universidade de Valladolid Teodora F. Torres; o catedrático da Autónoma de Madrid, Antonio Manuel Morales; o catedrático da Universitat de Girona, Miquel Martín; e polo catedrático da USC Santiago Álvarez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2010.