Unha tesiña revisa as técnicas de estimación tipo núcleo para a densidade e a regresión e achega a relación de paquetes e funcións para súa implantación en R
A licenciada Silvia Suárez Crespo describiu na súa tesiña as técnicas de estimación nonparamétrica para as curvas de densidade e de regresión, incluíndo os paquetes e funcións do entorno R relacionados con cada una delas. Co traballo ‘Unha perspectiva da inferencia estatística tipo núcleo con R’, cualificado cun sobresaliente, obtivo o Grao de licenciado en Matemáticas. A acumulación de metais pesados pode producir ao entorno no que vivimos importantes danos. Na investigación ilústranse as funcións mediante a aplicación a datos reais de concentracións de distintos metais pesados en musgo para mostras obtidas nos meses de marzo e setembro de 2006, con especial atención ao cadmio e ao cobalto. O estudo dirixírono os profesores do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela Wenceslao González Manteiga e Rosa María Crujeiras Casais. Contouse coa colaboración dos profesores Jesús Aboal e Ángel Fernández, do Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, que foron quen facilitaron os datos.