Un total de seis titulados en Medicina pola USC sitúanse entre os cen mellores da convocatoria de Médico Interno Residente deste ano

Seis titulados/as da Universidade de Santiago sitúanse entre os cen mellores de toda España nas probas de Médico Interno Residentes (MIR) correspondentes á convocatoria 2013-2014. Deste total, os tres mellores resultados da USC atoparíanse á súa vez entre os 50 mellores desta nova convocatoria. Por número de titulados/as a de Santiago é a sexta universidade de toda España, dun total de 40 facultades de Medicina, con máis ex alumnos/as nestes 100 primeiros postos, empatada coas universidades de Alcalá e Barcelona. A Autónoma de Madrid con once titulados/as ocupa o primeiro lugar desta listaxe, na que estaría seguida da Complutense con nove e Granada con oito. A continuación, con sete sitúanse a Autónoma de Barcelona e País Vasco e xa con seis Alcalá, Santiago e a Central de Barcelona.
Los alumnos de Santiago del Top-100 del MIR ocupan los puestos 14, 27, 40, 64, 90 y 97, situando a la Facultad entre las 8 con mayor numero de alumnos en el TOP-100 de las 40 Facultades de Medicina de España.