Os titulados e tituladas en Psicoloxía pola USC destacan novamente nas probas do PIR
De novo un ano máis, os licenciados e licenciadas en Psicoloxía pola USC acadaron uns resultados moi destacados na convocatoria do exame selectivo que dá acceso ao programa estatal de formación sanitaria especializada de Psicólogos Internos Residentes (PIR). Das 3.157 persoas aspirantes presentadas a exame, 153 pertencían á Universidade de Santiago de Compostela, e das 141 adxudicadas finalmente 18 son para a USC, o que significa que supoñendo un 5% dos presentados copan o 13% das prazas. Ademais, se o ano pasado catro deles quedaron situados entre os vinte primeiros postos nesta ocasión auméntase a cinco esa cifra. Dos cen primeiros, o 15 por cento é persoal titulado pola USC.