Ir o contido principal

Un traballo sobre a plantación con folla de piñeiro gaña o concurso de recuperación de saberes tradicionais

Os/as premiados/as recolleron o seu premios este venres nun acto no Consello Social. Foto: Alfonso-Servimav
Os/as premiados/as recolleron o seu premios este venres nun acto no Consello Social. Foto: Alfonso-Servimav

A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva Hermo, fixo entrega este venres no Consello Social dos premios do concurso de recuperación de saberes tradicionais organizado pola Oficina de Desenvolvemento Sostible. O traballo gañador, ‘A plantación con folla de piñeiro’, pertence á técnica agrícola Kely Torres Velo. O segundo premio recaeu en María de los Ángeles Lago Núñez polo estudo ‘Historia dunha tradición: O ramo de San Xoán’. Ademais, concedéronse dous accésits a Sonia Vigo Pintos por ‘Pan de landras e masa nai’ e a María Agrelo de la Torre e David Taboada Calvo por ‘A gran aventura do pan’. O concurso, aberto a calquera persoa maior de 17 anos, trata de propiciar a achega dalgún saber tradicional ou popular que supoña un aforro de recursos ou un menor impacto no medio ambiente en xeral, entendéndose por este calquera uso, costume, remedio, truco, xeito de facer, pasatempo, invención ou semellante, propios da tradición popular galega e que acostumaban a ser de transmisión interxeracional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2013.