Ir o contido principal

O tradutor da saga Millenium, na USC

O tradutor da saga Millenium, na USC
O tradutor da saga Millenium, na USC
Intervén nunha xornada sueca organizada polo CLM

O profesor de sueco e tradutor, entre outras obras, da saga Millenium de Stieg Larson, Martin Lexell, participa este martes nunha xornada sueca que organiza o Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC no marco do curso intensivo de verán de sueco cuxa matrícula remata este xoves 30.

Nesa sesión, que dará comezo ás 17 horas no Café de Linguas do CLM na Biblioteca Concepción Arenal, Lexell conversará cos asistentes sobre a transmisión da cultura sueca ao español.

A mesma xornada inclúe unha fika, a tradicional ‘pausa do café’ en Suecia, con kanelbullar (bolos de canela), e unha clase piloto do idioma sueco.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2016.