Ir o contido principal

O tratado de libre comercio entre a UE e Estados Unidos, a análise este mércores na residencia Jesús Bal y Gay

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
O profesor da USC Bernardo Valdês Paços guiará, a patir das 20.00 horas, esta nova sesión do ciclo ‘Encontros de Lúa Chea’, promovido por Proxéctate en Galego

A análise do acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos e a posible incidencia deste tratado internacional na vida cotiá das persoas centrará este mércores a temática dunha nova sesión dos ‘Encontros de Lúa Chea’, un foro informal con periodicidade mensual, a través do que o colectivo universitario Proxéctate en Galego pretende favorecer a divulgación de contidos académicos transversais de interese xeral ou de actualidade universitaria.

O profesor da área de Economía Aplicada da USC Bernardo Valdês Paços, será o relator encargado de guiar esta sesión, que se desenvolverá a partir das 20.00 horas, no cafetería da residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo. A entrada é libre e de balde para todas as persoas interesadas no tema proposto. Ademais, os asistentes poderán compartir un petisco de balde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.11.2015.