Ir o contido principal

Trece empresas tecnolóxicas departen sobre perspectivas laborais co alumnado da ETSE

A Escola Técnica de Enxeñaría acolle este xoves 15 o IV Foro de Empresas para Enxeñaría Informática (FEI'2'12). Trátase de pór en contacto empresas participantes no programa de prácticas da ETSE e o alumnado así como detectar intereses mutuos na realización de traballos fin de grao nas empresas colaboradoras. Participan nesta edición Altia Consultores, Bahía Software, Balidea, CESGA, Coremain, Igalia, Imaxin|software, Indra Software Labs, Oesía Networks, Ozona, Quobis Networks, Sdweb Solucións Dixitais e Tecnocom.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2012.