Ir o contido principal

Trece representacións na XVII Mostra de Teatro Universitario de Galicia que comeza este xoves

Trece representacións na XVII Mostra de Teatro Universitario de Galicia que comeza este xoves
Trece representacións na XVII Mostra de Teatro Universitario de Galicia que comeza este xoves

Agrupacións universitarias de toda Galicia reuniranse a partir deste xoves 21 na décimo sétima edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia que organiza a USC. Ata o día 1 de maio o Salón Teatro, a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño da USC e o Teatro Principal de Santiago acollen un total de trece representacións doutras tantas compañías universitarias.

A entrada para todas as representación será gratuíta previo paso polo despacho de entradas, que abrirá ás 18.30 no Teatro Principal, e as 19.00 horas para as obras do Salón Teatro.

O pano do Festival levantarase este xoves 21 no Salón Teatro a partir das 21.00 horas coa representación de ‘Des-enlace, de Gustavo G. Diste, por TikTak Teatro. Nesta edición presentarán ademais as súas propostas ESAD, TroulaLoura, Lobishomes Teatro, a Compañía de Teatro do campus de Lugo, Tolemia, La Barata, Vacaloura Teátrica, Teatro no Aramio, Maricastaña - Aula de Teatro do Campus de Ourense, GN Teatro, Aula de Teatro Normal UDC, Polaroid Teatro, ARTías Teatro, Pinchacarneiro Teatro.

Organizado pola Aula de Teatro da USC, este festival conta coa colaboración do Centro Dramático Galego, a Axencia Galega das Industrias Culturais, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e o Salón Teatro.

Programa
Xoves, 21 de abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: TikTak Teatro
Título: Des-Enlace
Autor: Gustavo G. Dieste

Venres, 22 de abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: Tolemia
Título: Quérote, ergo sum
Autor: William Shakespeare (adaptación Xurxo Barcala)

Sábado, 23 de abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: La Barata
Título: Límite de entrega
Autor: Baseado en “Deadlines” de Carlos Herrero Carmona

Domingo, 24 abril. Sala Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade). 19.30 h
Compañía: TroulaLoura
Título: Tres sombreiros de copa
Autor: Miguel Mihura

Domingo, 24 de abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: Vacaloura Teátrica
Título: Soterradas
Autor: Félix Álvarez

L uns, 25 abril. Teatro Principal. 19.30 horas
Compañía: Lobishomes Teatro
Título: Crime ou … privilexio?
Autor: Adaptación propia da obra de Patrick Hamilton “The Rope”

Luns, 25 de abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: Teatro no Aramio
Título: Alacrán
Autor: Fran Godón

Martes 26, abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: Aula de Teatro Universitaria de Ourense 'Maricastaña'
Título: Demediado
Autor: Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de 'O Vizconde demediado' de Italo Calvino

Mércores, 27 de abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: GN Teatro
Título: Cabaret Salomé
Autor: Oscar Wilde (adaptación de Helena Salgueiro)

Xoves, 28 de abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: Aula de Teatro NORMAL UDC
Título: Unha libra de carne. Contra O Mercader de Venecia de William Shakespeare.
Autor: Creación colectiva

Venres, 29 de abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: Polaroid Teatro
Título: A Esmorga
Autor: Eduardo Blanco Amor

Sábado, 30 de abril. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: ARTías Teatro
Título: Memoria de primavera
Autor: Adaptación de “Delicadas” de Alfredo Sanzol

Domingo, 1 de maio. Salón Teatro. 21.00 horas
Compañía: Pinchacarneiro Teatro
Título: “L”
Autor: Pinchacarneiro Teatro e David Carrera

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2016.