Ir o contido principal

A TVG amosará este sábado o traballo dos grupos de investigación da USC da área de Humanidades

O primeiro programa de ‘Base Tecnolóxica’, dedicado á USC, foi líder de audiencia en Galicia

A TVG emitirá este sábado 8 o segundo episodio do programa Base Tecnolóxica , con reportaxes sobre a actividade dos centros públicos de investigación en Galicia. Nesta ocasión o protagonismo será da investigación en humanidades na Universidade de Santiago, concretamente a que se leva a cabo no campo das filoloxías. Neste novo programa amosarase cómo avances obtidos por grupos de investigación en humanidades teñen sido o xermolo de varias empresas baseadas no coñecemento. Quedará patente deste xeito cómo as humanidades están a amosar un gran potencial no I+D produtivo desbotando a idea de que son as disciplinas técnicas e biosanitarias os eidos por excelencia para este ámbito. En concreto, o programa deste sábado que se emitirá ás 15.15 horas presentará o traballo desenvolvido polo grupo Galabra no eido da cultura galego-portuguesa baixo a dirección do profesor Elías Torres ou as investigacións do grupo para o procesamento da linguaxe natural especializado en lingüística, entre outros. Nanomag, líder de audiencia Na súa primeira emisión, dedicada á investigación en nanotecnoloxía que se está a desenvolver tamén na Universidade de Santiago con especial atención ao grupo NanoMag, o programa da TVG acadou foi líder de audiencia en Galicia cun 18,8% de cuota de pantalla.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.09.2012.