Ir o contido principal

A última produción da Aula de Teatro da USC acada o recoñecemento no circuíto teatral universitario europeo

Detalle da posta en escena ‘Apnea (variación 2ª)’
Detalle da posta en escena ‘Apnea (variación 2ª)’

A última produción da Aula de Teatro da USC, ‘Apnea (variación 2ª)’, acaba de recoller dous recoñecidos premios no circuíto teatral universitario europeo, como son a Mostra Internacional de Ourense e o Festival Internacional de Lituania. No primeiro caso, a agrupación compostelá recibiu o premio outorgado polo público, mentres que no encontro de Lituania recibiu o premio á mellor interpretación, concedido á totalidade do reparto que integran Miguel Gendre, Alba López Carlos Hermida, Aldara Cidrás e Marcos Montiel. Estes dous recoñecementos súmanse ao outorgado polo xurado do XVIII Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal) o pasado mes de abril cando lle concedeu á formación da USC un premio á mellor interpretación novamente ao conxunto de actrices e actores de ‘Apnea (2ª variación)’. A nova proposta da compañía teatral da USC pon en escena unha visión crítica da Galicia actual a partir dun texto orixinal do propio director da compañía, Roberto Salgueiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2014.