A última promoción de Pedagoxía reúnese este sábado no acto de fin de carreira
A promoción 2007-2011 da licenciatura de Pedagoxía da Universidade de Santiago celebra este sábado 11, ás 18:00 horas no Hotel Congreso, o seu acto de fin de carreira.
Nel participarán o decano da facultade de Ciencias da Educación, Lois Ferradás, así como os padriños da promoción Xosé Rubal e Pepa Mosteiro. Ademais, contarase coa presenza de diferentes profesores dos distintos departamentos de Pedagoxía.