Ir o contido principal

Últimas prazas nos cursos intensivos de verán de idiomas

O prazo de matrícula pecharase definitivamente o 30 de xuño

O Centro de Linguas Modernas da USC amplía ata o 30 de xuño a matrícula nalgúns cursos intensivos de verán nos que quedaron prazas libres. Son os de iniciación en árabe, chinés, danés, euskera, grego moderno, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso e xaponés en Santiago e alemán, lingua de signos e portugués en Lugo.

A matrícula nos cursos, que se desenvolverán de 9:30 a 13:45 ou de 15:30 a 19:45 horas entre os días 8 e 19 de xullo, deberá realizarse a través da páxina web do Centro ou, excepcionalmente, de xeito presencial no seu Negociado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2013.