Ir o contido principal

Últimos días para concorrer ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo de subministros agrogandeiros Aresa xunto coa a USC e dirixido a entidades, empresas, grupos de investigación ou persoas cuxas iniciativas contribúan á mellora do medio rural galego, mantén aberto o prazo de presentación de candidaturas á edición número de XVI ata o venres 30 de outubro.

A presente convocatoria do Premio Aresa está aberta á a presentación de tres tipos de propostas con aplicación práctica no sector primario: proxectos de actividade empresarial, actividades empresariais innovadoras e traballos de I+D+i. As bases do certame están dispoñibles na web www.premioaresa.com. Os aspirantes deberán entregar a documentación correspondente nos rexistros dos campus universitarios de Lugo (no Edificio da Biblioteca Intercentros) ou de Santiago de Compostela (no Colexio de San Xerome) antes das 14.00 h deste venres 30 de outubro.

Un xurado especializado analizará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora, que recibirá un premio en metálico de 10.000 euros, durante a segunda quincena de decembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2015.