Últimos días para enviar propostas ao primeiro Mateus DOC-Galicia
O sábado 30 remata o prazo de envío de propostas para o ‘Seminario Interdisciplinar Mateus DOC. Galicia: MIGRACIÓN’ que, organizado polo Consello da Cultura Galega e o Instituto Internacional Casa de Mateus, terá lugar co apoio da USC na Casa de Europa do 18 ao 20 de setembro. Trátase dun seminario de debate aberto e interdisciplinar dirixido a persoal investigador en etapa pre e postdoutoral. O obxectivo deste primeiro Mateus DOC que ten lugar en Galicia é reunir un pequeno grupo de entre 10 e 12 persoas dispostas a discutir conxuntamente durante un fin de semana en Santiago de Compostela cuestións comúns ao tema da migración, facendo converxer perspectivas e puntos de vista de diversas disciplinas.