Últimos días para inscribirse no curso de iniciación á meditación

A Fundación USC Deportiva desenvolverá este sábado 16 en Santiago a terceira edición do curso de iniciación á meditación e ao mindfulness, que será impartido por Amancio Rial, profesor de tai chi, kung fu e meditación, entre outras disciplinas.
Os contidos serán principalmente de carácter práctico e resaltarán os beneficios que comportan as técnicas de relaxación e a meditación, como a redución significativa do estrés, a mellora da capacidade de concentración e atención, así como da respiratoria, o fortalecemento das relacións tanto persoais como familiares e sociais ou a sensación de benestar físico e psicolóxico.
O curso desenvolverase na Aula de Ensaios da Residencia Universitaria Monte da Condesa cunha duración total de sete horas.