Últimos días para inscribirse nos cursos en liña sobre ferramentas informáticas para desenvolver aplicacións en Enxeñaría Civil

O Grupo de Innovación Docente en Enxeñaría Civil (Gidec) pechará este venres, día 6 de febreiro, o prazo de inscrición en tres cursos oficiais da USC relacionados con manexo de ferramentas informáticas útiles para desenvolver distintas aplicacións no eido da Enxeñaría Civil e que se desenvolverán en liña.
Os programas de formación continua ofertados polo Gidec teñen unha duración de 60 horas lectivas e desenvolveranse do 2 de marzo ata o 13 de maio de 2015. Os tres cursos abertos nesta convocatoria son Aplicacións de Matlab para Enxeñaría Civil, que será impartido polos profesores Alberte Castro e Carlos Núñez; Resolución de problemas de Enxeñaría Civil mediante o emprego de follas de cálculo, dirixido e impartido polos mesmos docentes, e Elaboración de documentos científico-técnicos en Enxeñaría Civil, un programa coordinado por Rodrigo Carballo e Carlos Núñez. As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición en calquera destas actividades formativas poden formalizar a súa matrícula a través do envío dunha mensaxe ao enderezo de correo electrónico dos directores de cada curso: alberte.castro [at] usc.es (alberte[dot]castro[at]usc[dot]es); carlos.nunez.temes [at] usc.es (carlos[dot]nunez[dot]temes[at]usc[dot]es) ou rodrigo.carballo [at] usc.es (rodrigo[dot]carballo[at]usc[dot]es). O prezo da inscrición é de 60 euros por cada seminario.