Ir o contido principal

Últimos días para inscribirse na IV Carreira Solidaria

Este domingo, 16 de maio, celébrase a IV Carreira Solidaria na zona do Campus Vida da USC co obxectivo principal de recadar fondos para A Cociña Económica de Santiago e Proxecto Home.
As inscricións deberán ser enviadas antes do 14 de maio ao correo electrónico inscricionsFGAsantiago [at] gmail.com (inscricionsFGAsantiago[at]gmail[dot]com) e nelas debe figurar o nome e apelidos, a data de nacemento completa, o club e nº de licenza no caso de ser federado e un enderezo electrónico de contacto. Dado o carácter solidario da proba, para poder participar cada atleta deberá facer un donativo cando recolla o seu dorsal na praza situada entre os Colexios Maiores do campus.
A carreira discorrerá en varias quendas, saíndo a primeira dos prebenxamíns ás 11:00 horas. Un cuarto de hora máis tarde tocaralle aos benxamíns e alevíns e ás 11:30 horas ás categorías infantil e cadete. Xa ás 12:00 correrán os xuvenil e júnior, promesa e sénior e veteranos e veteranas.
A carreira organízana conxuntamente a USC, o Concello de Santiago de Compostela, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, a Fundación Compostela Deporte e a Delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo. Ademais, colaboran o atleta internacional Pedro Nimo del Oro e Proxecto Home de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2010.