Últimos días de matrícula nos cursos do Centro de Linguas Modernas para o segundo semestre

A matrícula para os cursos de idiomas do segundo semestre no Centro de Linguas Modernas (CLM) remata o próximo día 7 de febreiro. En Lugo ofértanse alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego para non galegofalantes, inglés e portugués. En Santiago poderán cursarse alemán, catalán, checo, chinés, danés, español como lingua estranxeira, francés, galego para non galegofalantes, inglés, italiano, portugués e xaponés.
Outras modalidades
Como novidades fronte á oferta doutros cursos, o CLM tamén contempla na súa oferta docente a modalidade Speaking-Skills (B1-B) para persoas que xa teñen o exame B1-A aprobado ou para aquelas que desexan practicas a destreza oral no nivel B1, así como un curso de inglés (B1) en modalidade semiintensiva semestral e o curso Advanced Speaking Skills for Tourism (C1).