Ir o contido principal

Últimos días para solicitar participar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC

Últimos días para solicitar participar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC
Últimos días para solicitar participar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC mantén aberto o prazo de inscrición para a convocatoria deste curso, á que se pode presentar calquera persoa que saiba tocar un instrumento orquestral.

En concreto, este ano búscanse intérpretes de violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, fagote, clarinete, trompa, trompeta, trombón, tuba, percusión e harpa. Ademais, os estudantes poden participar como colaboradores da organización para desenvolver un traballo de xestión e aprendizaxe dos elementos intervintes na área de xestión cultural.

Os instrumentistas seleccionados poderán participar no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos (agás período de exames) de 21:30 a 23:30 horas na Igrexa da Universidade.

A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para o martes 13 ás 18:00 horas na Igrexa da Universidade para as especialidades de ventos e corda. De non poder asistir, existe a modalidade non presencial enviando un video. No caso da percusión e da harpa o día e hora da audición será o que a organización indique previo contacto cos solicitantes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.09.2016.