Ir o contido principal

Últimos días para realizar os test de nivel de acceso aos cursos do Centro de Linguas Modernas

Calquera consulta relacionada coa matrícula ou a realización deste test pode trasladarse ao propio centro. FOTO: Santi Alvite
Calquera consulta relacionada coa matrícula ou a realización deste test pode trasladarse ao propio centro. FOTO: Santi Alvite
Os tests realizaranse en liña os días 3 e 4 en función dos idiomas. As persoas interesadas nos cursos e que non estén inscritas poden dirixirse ao correo electrónico clm@usc.gal
Lugo, Santiago de Compostela

Os cursos de idiomas do Centro de Linguas Modernas (CLM) para o segundo semestre arrancarán con clases en liña a partir do vindeiro 8 de febreiro, conforme ás directrices das autoridades sanitarias. Os test de nivel previstos para os próximos días 3 e 4 celebraranse igualmente en liña, mentres que o período de matrícula se estenderá ata o vindeiro día 15, segundo o idioma. Calquera consulta relacionada coa matrícula ou a realización deste test pode trasladarse ao propio centro a través do correo clm [at] usc.gal (clm[at]usc[dot]gal).

Alemán, francés e inglés son os cursos regulares semestrais ofertados para o Campus de Lugo. No caso de Santiago, os idiomas ofertados nesta modalidade son alemán, catalán, francés, galego para non galegofalantes, italiano e portugués. No apartado relativo aos cursos específicos do segundo semestre para Santiago de Compostela, o CLM impartirá Alemán B2 para Filoloxía, Cursos de preparación para os exames “Certificats B i C de Català” do IRL, así como Inglés–Curso semi-intensivo semestral nas modalidades B1, B2 e C1. No caso de Lugo, impartirase o curso específico Listenig and Speaking Skills B2. O seminario Checo para o contexto universitario en Santiago de Compostela e Sesións de conversa en linguas estranxeiras, niveis intermedio e avanzado en Lugo, completarán a oferta do CLM para este segundo bloque do calendario académico.

A información relativa á oferta formativa do Centro de Linguas Modernas está dispoñible na súa web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2021.