Ir o contido principal

A Unidade de Atención Temperá abre unha sala de investigación con máis de 700 fondos documentais do ámbito da saúde

A Unidade de Atención Temperá da USC vén de abrir nas súas instalacións unha nova sala de lectura de investigación composta por máis de 700 fondos documentais do ámbito das ciencias da saúde. Trátase dunha sala de acceso gratuíto para os membros do grupo de investigación da Unidade e do grupo da USC Esculca, así como para os socios da Asociación Galega para a Docencia e Investigación do Retraso Mental (A.Ga. D. I. R.). O resto de persoas interesadas en acceder a estes fondos deberán solicitar facerse socios no enderezo mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es). Ludoteca Ademais, e para os usuarios da Unidade de Atención Temperá, xa está aberta ao público a nova área de traballo 'Aprende a soñar lendo', unha ludoteca destinada a que os/as nenos/as usuarios da Unidade poidan ler nas instalacións ou levarse os libros para casa a través dun servizo de préstamo.

Neste novo espazo tamén se porán en marcha sesións de contacontos e actividades lúdicas ao redor da lectura, coa intención de que os nenos se divirtan lendo e se incentive a súa comprensión lectora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2014.