A Unidade de Espectometría de Masas organiza un seminario sobre as últimas tendencias en proteómica
A Unidade de Espectometría de Masas da USC organiza este mércores 25 un seminario no que o doutor Detlev Suckau, da empresa Bruker Daltonik, dará conta das últimas tendencias en proteómica.
A axenda do encontro comezará ás 11:00 horas analizando a situación actual da tecnoloxía de MALDI-Imaging e as súas aplicacións en investigación clínica e de biomarcadores. Deseguido, o doutor Suckau referirase a implicación da actividade das metaloproteasas nas células canceríxenas para o desenvolvemento de futuras ferramentas de diagnose. O programa da xornada completarase falando da secuenciación ‘Top-down’ en trama de ións HCT-ultra con ETDPTR e no MALDI-TDS.
O seminario celebrarase na Aula de Seminarios do edificio do CACTUS do Campus Sur.